Zardigot

Unha representación de Espello Cóncavo


A unidade didáctica con Issuu

Etiquetas:

Unidade didáctica do Zardigot



Clica sobre a imaxe para descargar a Unidade didáctica do Zardigot en formato pdf.

Etiquetas:

125 anos de teatro galego

Apenas falta un mes para que baixe o pano do 2007 e remate a representación: 125 anos de teatro galego.

Sen ter en conta pezas como A Casamenteira, de Antonio Bieito Fandiño (escrita en 1812 pero publicada en 1845); ou a Contenda dos labradores de Caldelas (1691) de Gabriel Feixó de Araúxo, que Fermín Bouza Brey daría a coñecer no ano 1953, co títuliño: Entremés famoso en que se contiene la contienda que tubieron los labradores de la feligresía de Caldelas con los portoqueces sobre la pesca del río Miño. Año de 167... Compuesto por el Licenciado Gabriel Feyxó de Araújo. Año de 1671; ou o anónimo Entremés do portugués (tamén do século XVIII); elixiuse a peza de Francisco María de la Iglesia, A fonte do xuramento (seica por ser o primeiro texto teatral en galego do que se ten conta da súa estrea, o 13 de Agosto de 1882, no Liceo de Betanzos), como punto de partida para a efeméride.

Para esta conmemoración, a Consellería de Cultura e Deporte xunto co IGAEM proxectaron, por unha banda, a exposición itinerante “Un país desde as táboas”, que rematará en Narón o 23 deste decembro; e por outra banda, 25 compañías percorreron 38 localidades entre agosto e setembro, representando un total de 125 funcións.

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, en colaboración coa Editorial Galaxia, homenaxea tamén o noso teatro coa publicación de Cento vinte e cinco anos de teatro en galego, obra de varios autores e coordinada por Manuel F. Vieites.

Esperemos que a cousa non quede aí, que sexamos conscientes da relevancia da nosa dramaturxia, que valoremos non só os consagrados, senón, como di Pillado, que saibamos valorar "os homes e mulleres que durante moitísimos anos traballaron a prol do teatro galego por pura militancia e coa indiferenza das institucións (...) que nunca tiveron suficiente sensibilidade para decatarse da importancia que ten o teatro como fenómeno de culturización do país", pensemos no Zardigot, e que todas esas fermosas palabras que quedan sobre o papel cobren vida para que siga a función.

O Zardigot na arañeira.

O primeiro blogue, aínda en activo, era e segue a ser un rexistro ou listaxe de páxinas web que o seu autor, o estadounidense Jorn Barger, vai seleccionando mentres navega.
Denominou a este rexistro Robot Wisdom, e ao que facía nesta páxina web chamoulle weblog , literalmente: libro de rexistro ou de notas da rede. Hoxe en día reducimos o termo e falamos de blogs, de blogues. Imos, pois, bloguear no sentido inicial da palabra, e navegando pola rede atopamos as seguintes páxinas en relación co Zardigot.

En canto ás representacións nos distintos lugares de Galiza, vemos como a compañia de Espello Cóncavo estivo:

Pero, e a opinión do público? Que din na arañeira os espectadores e espectadoras da obra?

Por suposto, unha obra desta importancia aparece nas páxinas de asociacións culturais galegas como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), culturagalega.org, ou compostelacultura.org (a consellaría de cultura presenta o Zardigot e enlaza co noso blogue).

Tamén os xornais dixitais fan eco da peza teatral:

  • lavozdegalicia.es inclúe o Zardigot na Biblioteca 120. Desta publicación tedes máis información no noso Dosier de prensa ( en Recursos, na marxe dereita da páxina de inicio do blogue) onde continúa cunha entrevista de Camilo Franco con Euloxio Ruibal, e o artigo "Un marabilloso texto" de Xosé Manuel Rabón.

  • laopinioncoruna.es fálanos da súa estrea na Coruña.

  • En elcorreogallego.es sabemos da súa chegada a Compostela. Velaquí a foto(Cris Tobío) da rolda de prensa .
No noso Dosier de prensa atoparedes máis.

E isto non queda aquí, nesta Galiza "tan pequena que é un mundo". Sen dúbida estamos a falar dun autor e dunha peza claves na historia do noso teatro. Así o recoñecen desde Bilbao e desde Cataluña, e ata o Ministerio de Educación y Ciencia nos seus apuntamentos de Literatura Española.

Do seu autor, Euloxio Ruibal, temos abondosos datos no ciberespazo:

  • o discurso de entrada como membro da Real Academia Galega ocupando a cadeira do historiador Antonio Meixide Pardo (Ruibal é ata o de agora o único membro da actual corporación pertencente ao mundo do teatro).
  • a impronta do seu labor como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega;


  • unha recensión de Noemí Pazó sobre a obra: Teatro, cerimonia e xogo. (A traxectoria teatral, literaria e cinematográfica de Euloxio Ruibal), de Anxo Abuín González,

  • atopámolo rexentando a galería de arte Citania,

  • tamén está a pegada do Ruibal cinéfilo: desde a súa pertenza ao grupo Lupa (dentro da agrupación cultural "O Galo" de Santiago), mostra do cine alternativo en Galiza nos anos 70; grupo que recibiu (Premios Maestro Mateo 2004) o Premio especial Fernando Rei da Academia polo seu labor a prol dos audiovisuais na súa extensa traxectoria; ata o Euloxio Ruibal como profesor contratado do Centro de Estudos Fílmicos da USC para Comunicación Audiovisual; e sempre manifestándose a favor do cine galego e en galego.

E se aínda non tedes un exemplar do Zardigot, na Internet atoparedes primeiras edicións de segunda man coas ilustracións orixinais de Xulio Maside. Véndennolo en librerías de vello de Barcelona ou Sevilla.

Se non queredes gastar os cartos, podedes achegarvos ás bibliotecas públicas e ás escolares.

E para rematar, nesta arañeira onde todo ten cabida, atopei outros Zardigots que, malia non faceren ningunha alusión ao de Ruibal, tamén no seu caso este nome conleva desacougo, temor, medo...

Escena VII



Escoita a escena.
VII

ESTRELA (A Xaquín)
E ti... Non sei... Ten máis tento... Vas amalarte tamén!

SABELA
E logo a quen chamaremos, papá?

XAQUÍN
Teño que ir...! Que máis quixera eu!

ESTRELA
Terás, terás... Facendo o parvo, coma sempre. Quéreslles acudir a todos e... Que culpa tes ti? Así rematas sempre baldado! Que traian outro médico! E os soldados que se arranxen eles. Ti non es militar.

MINGOS
Que dis, mamá!

ESTRELA
O que oes!

MINGOS
A quen lle hai que acudir primeiro é aos soldados.

ESTRELA
Que traian un médico para eles.

MINGOS
Fan falla moitos médicos nas guerras.

SABELA
Case é noite. Agora estarase ben ao frequiño...

ESTRELA
Pero teu pai non ten por que traballar por catro.

XAQUÍN
Calade con eso. Teño que facelo e namais. Eu estou ás súas ordes. Son militar en certo xeito.

SABELA
E como non che dan uniforme? Gustaríame verte. Camparías moito.

XAQUÍN
Xa o teño, Sabeliña: unha chambra branca.

SABELA
Eu digo dos outros. Ese dáme noxo...

ESTRELA
Dará. Ti...! Estámosche ben contigo, estamos!

SABELA
Que foi? Xesús! Unha vai ter que pechar para sempre a boca.

ESTRELA
Mellor sería.

MINGOS (A seu pai)
Eu podería axudarche... Seica mañá chegan máis feridos.

ESTRELA
Outro...! Ti non tes nada que ir buscar... Aínda es un rapazolo!

XAQUÍN
Non os deixas rebulir...

ESTRELA
A que teño que aturalos todo o día son eu.

SABELA
Non che fago mal.

MINGOS
Pensas que somos uns nenos aínda?

ESTRELA
Penso o que sodes.

MINGOS
Pensas que non vallo para nada?

XAQUÍN
Non lle fales así a túa nai, Mingos.

ESTRELA
Cos traballos que unha pasa!

MINGOS
Se hai guerra será por algo... Veu porque faría falla!

XAQUÍN
Para que?

MINGOS
Foron os liberais os que comezaron.

XAQUÍN
Os liberais non querían a guerra.

SABELA
Eu tampouco. Non hai festas e é moi aburrido.

XAQUÍN
Os liberais só querían cambiar as cousas...

MINGOS
O que? Quen son eles para eso?

XAQUÍN
Ben, ben... Aínda es moi novo. Xa falaremos...

MINGOS
Non falaremos máis. Xa está todo dito. Mañá irei alistarme.

ESTRELA (Nun berro)
Non, eso non!

XAQUÍN
Ti non vas a ningures!

MINGOS
Quen mo vai privar?

XAQUÍN
Eu!

ESTRELA
Non, meu fillo, non. Non fagas eso.

XAQUÍN
Prívocho eu!

MINGOS
Verémolo!

XAQUÍN
Dígoche que non, e non!

MINGOS
Eu ben sei o que teño que facer.

XAQUÍN
Non me tires do xenio!

MINGOS
E non coma outros...

ESTRELA
Minguiños, fai o que che din. Queres ser a nosa ruína?

MINGOS
Coma outros que axudan ás agachadas aos liberais. Pensas que non o sei?

XAQUÍN
Cala!

MINGOS
Estou moi ledo de ter un pai liberal! Dígollo, dígollo tamén? Agradeceríanmo moito...

XAQUÍN
Estás nun erro!

MINGOS
Ai, si? Sei máis do que pensas...

XAQUÍN
Ti non sabes nada, entendes? Nada!

MINGOS
Non? Se non fose porque me dá vergoña... Moita vergoña! E noxo. De ti! Noxo e vergoña!

ESTRELA
Calarás?

SABELA
Toleou!

MINGOS
E ademais co Fuquiño...

(Estrela botouse a chorar)

SABELA
Non te metas co Fuquiño. Non tes dereito.

MINGOS
Que familia...! Estou orgullosísimo...!

SABELA
Ves o que fixeches? Mamá está chorando.

MINGOS
Ti tamén es boa moza.

SABELA
Que che fixen eu?

MINGOS
Porca! Goldracha! Baldreu, que es un baldreu!

XAQUÍN
Fóra! Fóra...! Fóra!

(Mingos vaise paseniñamente. Sabela chora tamén. E seu pai ficou alporizado, tremendo coa rabia. Escurece)


[+/-] Sigue lendo...

Etiquetas:


Este blogue quere aportar materiais de apoio á primeira representación profesional do Zardigot de Euloxio R. Ruibal, realizada pola compañía Espello Cóncavo. Tamén poderás atopar, coordinada pola AS-PG, unha proposta didáctica para o ensino.

Os autores



Na Web No blogue

máscaras

Axuda

máscaras

Recursos

AS-PG

Ano da Memoria

MultiRss

feed

Blogger

Engade este blogue aos teus favoritos en Technorati

Zardigot e outras montaxes

www.flickr.com


Licenza Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 3.0 de Creative Commons

AS-PG 2007 Zardigot